Kostia Bogomov

by Koroiev

/
  • Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

     name your price

     

1.
2.
3.
4.
5.
6.
7.
8.

about

En múltiples culturas existe una tradición mítico-literaria sobre los viajes al otro mundo, los viajes al más allá. Buena parte de la cultura tradicional gallega gira en torno a la idea de la muerte. En la tradición celta, Immram (en plural Immrama) es la denominación que recibe un tipo de relatos que versan sobre este tipo de viaje, del que por cierto no es seguro que vuelvas. Hay una Galicia visible y hay otra que no se ve llena de reinos, ciudades, caminos, montes y otros lugares donde habitan seres capaces de circular entre los dos mundos. “Kostia Bogomov” es un disco (ojala fuera una guía) sobre un particular viaje al Otro Mundo. Tema a tema franqueamos e iluminamos los pasos para llegar a ese mundo oscuro. Kostia huye de una ciudad en llamas. Corre sin aliento por los bosques. Por los caminos llenos de árboles y sombras encontrará a una serie de criaturas que lo guiarán hacia la profundidad de la noche. Kostia Bogomov” es un disco sobre lo invisible y lo remoto.
La historia no se encuentra en exclusiva en el paisaje musical, también escuchamos la voz de Kostia, y a veces a un narrador, que nos canta su viaje a través de fragmentos y versos del poemario “Longa noite de pedra” del gran poeta gallego Celso Emilio Ferreiro.
____________________

En moitas culturas , hai unha tradición mítico-literaria sobre as viaxes ao outro mundo , as viaxes ao Alén. Gran parte da cultura galega tradicional xira en torno á idea da morte . Na tradición celta , Immram ( en plural immrama ) é o nome dado a un tipo de historias que falan deste tipo de viaxe , do que non é seguro poder volver . Hai un Galicia visible e hai outra que non se ve inzada de reinos , cidades , vilas, covas, camiños, montañas e outros lugares habitados por seres capaces de circular entrambos os mundos . “Kostia Bogomov ” é un álbum (ogallá fora unha guía ) sobre unha particular viaxe ao Outro Mundo. Tema a tema franqueamos e iluminamos os pasos para chegar a ese mundo escuro . Kostia fuxe dunha cidade en chamas . Corre sen folgos cara un souto. Polos carreiros ateigados de árbores e sombras, o encontro cunha serie de criaturas ábrelle o paso cara a profundidade da noite.. “Kostia Bogomov ” é un álbum sobre o invisíbel e o remoto.
A historia non só agarda na paisaxe que crea a música Tamén escoitamos a voz de Kostia, e as veces a dun narrador, que nos conta a súa viaxe a través de fragmentos e versos extraídos do poemario “Longa noite de pedra” do gran poeta Celso Emilio Ferreiro.

credits

released January 1, 2015

Ideado por Roberto Casteleiro (aka Federico Flesfa).
Gravado no estudio Edelmira II en Goimil ( VIlarmaior)

Para calquer cousa, contratacións, cd´s ou saúdos:
cior.koroiev@gmail.com

tags

license

all rights reserved

feeds

feeds for this album, this artist

about

Koroiev Spain

//////// Koroiev ////////

electrónica onírica

Güimil (Galicia)

cior.koroiev(at) gmail(dot)com

contact / help

Contact Koroiev

Streaming and
Download help

Track Name: A fronteira da noite
fragmendo de "O Árbol"
"...un árbol só, un árbol
espido diante a noite,
medrando, irá medrando, irá medrando..."

fragmendo de "Fábula do home e do lobo"

"Un home saíu fuxindo da cidade en chamas
e colleu o camiño dos outeiros, nas aforas,
onde estaban os pazos dos poderosos.
Levaba dúas bombas de mau penduradas do cinto
e unha metralleta fumegante.

Correo coma un tolo até que
deixouse caír sin folgos ao pé dun salgueiro,
após de ollar cara á lonxanía,
na fronteira da noite, onde se fitaba
o resprandor do lume, semellante a un
mencer remoto e sanguiñento"
Track Name: O souto do teixugo
"Ay!! de min que me oscurece
Ay!!! que noite tan escura"

versos inspirados nunha cantiga asturiana que escoitei por primeira vez cando a canta un maqui no filme "El corazón del bosque" de Manuel Gutierrez Aragón.
Track Name: O mesmo mundo estaba alá moi lonxe
Fragmento de "Bautismo de sangue"

"Camiñar sin parar por entre o fumo
con bosques de fusiles sobre os ollos.
Por debaixo da noite(...)"
Track Name: A pedra do galo
O rumor do mar
era puro soño


Fragmento de "O medo" do poemario "O soño asulagado"

Cando o corvo da noite se pousaba
nas derradeiras luces do solpor
os meus ollos de neno
enchíanse de bágoas e de lóstregos.

fragmento de "Fábula do home e do lobo"

"A noite fíxose sonora coma o mar"


fragmento de "Longa noite de pedra"
"O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazóns dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.
Track Name: Un barullo de paxaros
Fragmendo de "Fábula do home e do lobo"

"un barullo de paxaros xurdiu do bosque, e os camiños enchéronse de rumores de moitedumes que fuxían da cidá pasada a lume e ferro. O home das bombas e da metralleta ergueuse, despreguizouse e seguiu correndo"
Track Name: Camiña a miña noite
Fragmento de "Desterro"

"Debaixo da cidá,
a carómn das cloacas,
camiña a miña noite
sin alba.
Volvoretas de outono
baixo unha chuvia maina,
¿que foi das follas murchas
que sobre min levaba?
Espello das estrelas
e das nubes que pasan,
nos regatos cantores
tolos de escumas brancas.
¿Que foi do ceo aquil,
do vento e das calandras,
dos solpores calados
dos prados e labranzas?
- Tamén eu,
irmá auga,
teño saudades
da nativa patria,
á que un día voltarei
nunha caixa.
(...)
O mar agarda.
O mar.
A noite sin alba.




Versos do poema "A sombra"

Sombra (...) encadeada,
(...) Lonxana Primavera (...)
Pregunto e non contestas, morte negra.